O presente aviso legal regula o uso dos servizos do portal de Internet (en adiante, o sitio web): https://elcomerciodesantiago.com/

FEDERACIÓN GALEGA DE COMERCIO (en adiante FGC) con domicilio social en Ronda da Muralla, nº52, Entrechan dereita, 27002 – Lugo (Lugo) e CIF G-27.170.158 con correo electrónico a efectos de notificacións: info@comerciogalicia.es, inscrita no Rexistro de Asociacións de Galicia co nº 1983/000359-3, como titular do sitio web, pon este portal a disposición dos usuarios de internet.

CONDICIONES XERAIS DE USO DA PÁXINA WEB

As presentes condicións regulan o uso do servicio do sitio web relacionado que FGC pon gratuitamente a disposición dos usuarios de Internet. A utilización do sitio web atribúelle a condición de usuario do mesmo e supón a plena aceptación e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluidas no presente Aviso Legal na versión publicada no momento mesmo no que o usuario acceda ao sitio web, así como da nosa Política de Privacidade e tratamento de datos persoais.

Tanto o sitio web como calquera tipo de micrositios ou redes sociais asociadas poden conter artículos, noticias, comentarios ou valoracións sobre diferentes temas que a FGC poida considerar do seu interese, e cuxo contido reflexa únicamente a opinión ou criterio dos seus autores.

MODIFICACIÓNS DA PÁXINA E INTERRUPCIÓNS NO ACCESO

FGC resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións dos servizos e da información contida nos sitios web, da configuración e presentación destes. Tanto o acceso á web como o uso que poida facerse da información contida na mesma é da exclusiva responsabilidade de quen o realiza.

FGC non garante a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento deste sitio web e/ou dos seus servizos ou contido, nin que este se atope permanentemente actualizado. Non obstante, cando sexa razoablemente posible, advertirase previamente das interrupcións no funcionamento do sitio web e dos servizos nel ofrecidos. Neste contexto, FGC declina calquera responsabilidade polos posibles danos e perxuizos de toda natureza que poidan deberse á falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento do sitio web e dos servizos ofrecidos a través do mesmo.

EXENCIÓN DE RESPONSABILIDAD

FGC non se fai responsable do uso ou destino que dean os usuarios á información proporcionada a través do sitio web ou de calquera dos seus servizos, nin dos comentarios, opinión e ideas que se difundan desde as redes sociais nas que FGC conte con perfil ou outras ferramentas participativas postas a disposición dos usuarios. Neste sentido, FGC non se fai responsable da información e contidos almacenados, a título enunciativo pero non limitativo, en redes sociais ou calquera outros medios que permitan a terceiros publicar contidos de forma independente neste sitio web.

FGC non se responsabilizará, nin directo nin indirectamente, dos danos e perxuizos de calquera natureza que se poidan producir ao sistema informático do usuario (tanto hardware como software) ou aos documentos almacenados no mesmo, como consecuencia do acceso do usuario a este sitio web, debidos a virus informáticos, avarías, ou causas alleas a FGC. Tampouco será responsable da utilización da información contida no sitio web, así como da falta de veracidade ou exactitude do seu contido.

Os usuarios serán os únicos responsables da realidade de tódolos datos que comuniquen a través do sitio web ou redes sociais asociadas, comprometéndose a facer un uso dilixente e confidencial das claves que poidan facilitárselles por FGC para o acceso a servizos ou produtos. En consecuencia, os usuarios son responsables da adecuada custodia e confidencialidade de calquera identificador e/ou contrasinal que lles sexan fornecidas por FGC e obríganse a non ceder o seu uso a terceiros nin a permitir o seu acceso a persoas alleas. Os usuarios obríganse a notificar así mesmo de forma inmediata á FGC calquera incidencia que poida supoñer o uso indebido dos referidos identificadores (roubos, extravíos…) co fin de proceder a súa cancelación. Mentres non se comuniquen tales feitos, FGC quedará eximida de calquera responsabilidade que puidera derivarse do uso indebido dos identificadores ou contrasinais por terceiros non autorizados.

Dende este sitio web, facilítase o acceso, mediante enlaces, a outras páxinas web que poidan ser de interese para os usuarios co único obxectivo de facilitar a procura  de recursos a través de internet, é dicir, con finalidade meramente informativa sen que en ningún caso supoña suxerencia, invitación ou recomendación sobre os mesmos. Ditas páxinas xestionadas por terceiros, non pertencen á FGC nin ésta fai revisión dos seus contidos, polo que non se responsabiliza da calidade, exactitude ou veracidade dos mesmos ou do funcionamento da páxina enlazada, nin dos posibles danos que poidan derivase do seu acceso ou uso.

A FGC poderá establecer condicións particulares de obrigado cumprimento que regulen a utilización e/ou contratación de produtos ou servizos específicos ofrecidos aos usuarios a través do sitio web. Por isto, antes de utilizar e/ou contratar ditos produtos ou servizos específicos o usuario deberá ler atentamente as correspondentes condicións particulares xa que a utilización e/ou contratación de ditos produtos ou servizos específicos implican a aceptación das mesmas na versión publicada por FGC ou a entidade correspondente, no momento no que se produza dita utilización e/ou contratación.

CONDICIÓNS XERAIS DE USO DAS REDES SOCIAIS E DEMÁIS FERRAMENTAS COLABORATIVAS

A participación do usuario en redes sociais as que estea vinculado este sitio web, ou en calquera outro servizo ofrecido polo mesmo, implica a adhesión plena e sen reservas ás presentes condicións, reservándose a FGC o dereito para denegar ou retirar o acceso aos mesmos de oficio ou a instancia dun terceiro, sen necesidade de aviso previo/previo aviso, a aqueles usuarios que incumpran as mesmas. As redes sociais e demais servizos pretenden ser unha ferramenta dixital gratuíta que FGC pon ao dispor dos visitantes deste sitio web para a difusión de información relacionada coas súas respectivas actividades empresariais, e que permiten a inclusión de valoracións e comentarios relativos aos seus contidos. Debido á finalidade propia das devanditas ferramentas, aqueles contidos que non se axusten ás temáticas propostas poderán ser moderados, bloqueados ou eliminados. Así mesmo, retirarase calquera comentario ofensivo, violento, discriminatorio ou que puidera perturbar o funcionamento normal da ferramenta. En especial prohíbese a publicación de promocións e ligazóns a ofertas comerciais, así como a captación de datos con finalidade publicitaria. Se un usuario fose afectado por actuacións ilegais ou que contraveñan as presentes condicións, ou detecte un mal uso das ferramentas dixitais da web por parte doutros usuarios, poderá poñelo en coñecemento da FGC a través de info@comerciogalicia.es, para que este poida moderar ou eliminar os mesmos. En calquera caso, FGC non se responsabiliza dos comentarios incluídos polos usuarios que unicamente expresan a opinión do seu autor. En atención á normativa en materia de protección de datos, previamente a dar difusión a través destas ferramentas a datos de carácter persoal de terceiros, especialmente información fotográfica ou audiovisual, deberá contar co consentimento dos seus titulares, absténdose de incluír a referida información en caso contrario. En calquera caso, recomendamos aos usuarios ter especial coidado á hora de publicar os devanditos contidos, para evitar poñer en risco a privacidade e intimidade de persoas da súa contorna, así como non publicar información de contacto físico, que permita a calquera persoa coñecer onde vive, onde traballa ou estuda diariamente, ou os lugares de lecer que habitualmente frecuenta. Así mesmo, os usuarios deberán utilizar e publicar unicamente contidos respecto dos que conten cos dereitos de propiedade intelectual suficientes.

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

Todo o contido dispoñible no sitio web (textos, gráficos, vídeos, imaxes, logos, iconas, clips de audio, recompilacións de datos e software, marcas, nomes comerciais etc.)/ etc.) son propiedade da Federación Galega de Comercio ou se atopa lexitimamente explotado en virtude de acordos ou licenzas de uso, e está protexido polas leis de Propiedade Intelectual e Industrial, polo que non se permite a reprodución e/o publicación, total ou parcial da web, nin o seu tratamento informático, a súa distribución, comunicación pública, nin a súa modificación ou transformación, sen o permiso previo e por escrito do responsable do sitio web. En ningún caso entenderase que o acceso e navegación do usuario implica unha renuncia, transmisión, licenza ou cesión total nin parcial dos devanditos dereitos por parte da Federación Galega de Comercio. O material facilitado a través dos mesmos só poderá ser utilizado para uso persoal e privado, quedando prohibido o seu uso con fins comerciais ou para incorrer en actividades contrarias á lei.

O usuario obrígase a usar o sitio web de forma dilixente, correcta e lícita e, en particular, comprometerse a absterse de:

  • A realización de "framings" ou a utilización por parte de terceiros de calquera outros mecanismos que alteren o deseño, configuración orixinal ou contidos da web.
  • Suprimir, eludir ou manipular datos de rexistro, marcas e demáis datos identificativos dos dereitos da FGC ou dos seus titulares, incorporados aos contidos e/ou servizos ofertados desde a web, así como os dispositivos técnicos de protección ou calquera mecanismo de información que puideran conter os mesmos.
  • Empregar os contidos e en particular, a información da FGC obtida a través da súa web para remitir publicidade, comunicación con fins de venda directa ou con calquera outra clase de finalidade comercial, ou mensaxes non solicitados dirixidos a unha pluralidade de persoas.
  • En xeral, empregar os contidos de forma, con fins ou efectos contrarios á lei, á moral e ás boas costumes xeralmente aceptadas ou ó orde público.
  • Usar, reproducir, copiar, distribuír, permitir o acceso do público a través de calquera modalidade de comunicación pública, transformar ou levar a cabo calquera actividade similar ou análoga sobre os contidos da web e portáis vinculados, sen que medie previa e expresa autorización da FGC.

Federación Galega de Comercio autoriza a reproducción total ou parcial dos textos e contidos proporcionados na web sempre que concurran todas e cada unha das seguintes condicións:

  • Mantéñase a integridade dos contidos, documentos ou gráficos.
  • Cítese expresamente á FGC como fonte e orixe de aqueles.
  • O propósito e a finalidade de tal uso sexa compatible cos fins da web e/ou a actividade da FGC.
  • Non se pretenda un uso comercial, quedando expresamente prohibidas a súa distribución, comunicación pública, transformación ou descompilación.

Calquera outro uso haberá de ser comunicado e autorizado por FGC, previa e expresamente.

PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

Os datos persoais que se recaben a través do sitio web serán tratados en todo momento de conformidade coa normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, tal e como se detalla na Política de Privacidade.

LEXISLACIÓN E XURISDICCIÓN

As cuestión relacionadas co uso deste sitio web ou os seus contidos rexiránse e serán interpretadas, en todos e cada un dos seus extremos, conforme ao presente Aviso Legal e á lexislación española, someténdose as partes, para calquera xestión litigosa derivada dos mesmos, á xurisdicción e competencia exclusiva dos Xulgados e Tribunais da cidade de Lugo (Lugo - España) agás nos casos en que non esté legalmente permitido, con renuncia de forma expresa a calquera outro fuero que puidera corresponderlles.